Borja Adsuara impartirá un relatorio sobre Smart Cities en Compostela

luns, 18 de marzo do 2013 Redacción

O vindeiro mércores a partir das 11:30 horas o Hotel AC Palacio do Carme de Santiago de Compostela será o escenario para a celebración da xornada Smart Cities e conectividade, organizda polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG), o Consello Territorial de AMETIC Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), contado como principal relator ao director xeral de Red.es, Borja Adsuara Varela.
No encontro tamén participará Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e tras as intervencións persoais desenvolverase un coloquio que achégase como unha oportunidade para que as empresas e profesionais do sector TIC galego poidan coñecer detalladamente os principais avances que están a levarse a cabo na materia da man dun dos principais expertos neste ámbito.
Para poder asistir ao encontro é preciso inscribirse na páxina web da Asociación para o Progreso da Dirección.

PUBLICIDADE