Bonecos para “dar o cante” na web de Ouvirmos

martes, 24 de abril do 2007

Ouvirmos, a primeira editora especializada en documentación musical galega, creada para recuperar, dignificar e divulgar o importante patrimonio músico-cultural que nos conforma como comunidade, vén de presentar por primeira vez un produto específico en liña para “crianzas que aínda o son e para as que nunca deixaron de selo”. Trátase de dous bonecos e dúas bonecas de cartón, cos seus traxes e complementos, cos que poder formar un cuarteto de gaitas, un grupo de rock, un cuarteto de corda ou unha pequena banda de música alternativa. Os bonecos pódense descargar xa na dita web e preséntanse en dous estoxos independentes (eles e elas) e veñen acompañados de 4 instrumentos e 4 traxes para cada unha das figuras.

PUBLICIDADE