Blusens presenta un novo reprodutor multimedia con pantalla táctil de 2,8 polgadas
venres, 18 de abril do 2008
O fabricante galego Blusens presentou
un novo reprodutor MP4 con 4 Gb de capacidade que se venderá a uns 100 euros
que permite a reprodución de vÃdeos en MP4 e AVI, a visualización de JPEG e
BMP, escoitar música en MP3, WMA e WAV, recibir radio FM e mesmo inclúe xogos. Na
reprodución sonora soporta etiquetas ID3 e permite visualizar letras de cancións
LRC.
Pero o Blusens
P37 destaca especialmente por ter unha pantalla táctil de 2,8 polgadas, o
que rendondea o produto que tamén inclúe un lector de tarxetas microSD,
altofalante traseiro e gravador de voz.