BlackBerry estrea aplicación para Twitter

venres, 9 de abril do 2010

Os usuarios de terminais BlackBerry finalmente poden gozar dunha aplicación oficial para utilizar Twitter nos seus móbiles, de xeito que incluso poden recibir mensaxes directos mediante tecnoloxía push ou compartir de xeito doado en Twitter imaxes tomadas co móbil (sen facer uso de software adicional).
A aplicación está en pleno desenvolvemento, de xeito que en breve tamén incorporará o uso de listaxes e o control de seguidos e seguidores.

PUBLICIDADE