Battleborn pechará os seus servidores en xaneiro de 2021
martes, 26 de novembro do 2019
En
2016 os creadores de Borderlands estrearon Battleborn, un shooter
de heroes en primeira persoa que tivo a pouca fortuna de coincidir no tempo con
Overwatch, véndose eclipsado a grande velocidade, de xeito que a un ano
do seu lanzamento tivo que mudar o seu modelo de negocio para converterse en
free-to-play, o que non foi dabondo para manter a rendibilidade deste
xogo en liña, que xa ten data de
caducidade.
Dende 2K Games anuncian que veñen de retirar o xogo das tendas dixitais, e que agora inician un
proceso progresivo de apagamento do proxecto, ao que irán destinando cada
vez menos recursos. O 24 de febreiro será cando deixarán de vender as moedas
virtuais do xogo, que manterá os servidores operativos até xaneiro de 2021,
cando Battleborn apagará os seus servidores para sempre, o que impedirá tanto
o xogo no modo campaña como o seu multixogador.