Baiona albergará este venres a 33ª edición da LaconNetwork

luns, 22 de outubro do 2012 Marcus Fernández

A aventura gastronómica que leva a emprendedores e profesionais do sector TIC galego a distintos currunchos da nosa xeografía os últimos meses de cada mes visitará o vindeiro venres Baiona, para celebrar a XXXIII edición da LaconNetwork, encontro que botará a andar ás 14:00 horas na Tapería San Xoán (na rúa San Xoán, 19 da vila pontevedresa).
Os interesados en asistir deben inscribirse a través correspondente formulario na páxina web da LaconNetwork e aboar 18 euros para poder degustar tortilla, croquetas, gambas, montadiños, mexillóns, empanada e sobremesas que se servirán nesta xuntanza que busca fomentar o networking entre profesionais do sector tecnolóxico e crear oportunidades para futuras sinerxías.

PUBLICIDADE