Bacardi estreará os anuncios pre-roll en YouTube en España

mércores, 22 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Os formatos publicitarios baseados no vídeo na Internet resultan polémicos polo rexeitamento amosado por parte dos usuarios, pero tamén son inevitables para capitalizar os recursos precisos para publicar vídeo na web, de aí que YouTube comece a utilizar soportes publicitarios que rexeitaba no pasado, coma os anuncios pre-roll (reproducidos antes dos vídeos que queremos ver) e o primeiro anunciante en utilizalos en España será Bacardi.
Os anuncios que aproveitarán esta tecnoloxía comezarán a amosarse en contido Premium de partners coma Antena 3, Moto GP, EFE, Hachette Filipacchi e Canal Sur, e presentarán a nova bebida refrescante Martini Rosato.

PUBLICIDADE