Avril Lavigne ten o vídeo máis visto da historia de YouTube

luns, 21 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Os vídeos máis vistos en YouTube acumulan millóns de reproducións

Neste momento o vídeo que figura en YouTube coma o máis visto na historia do portal de vídeos de Google é o videoclip Girlfriend da cantante Avril Lavigne, superando ao clásico Evolution of Dance, e dende RCA Records aseguran que as máis de 93 millóns de reproducións do clip de Lavigne podería converterse en 2 millóns de dólares para a artista grazas ao acordo que teñen con YouTube para compartir os ingresos publicitarios.
Dende distintas páxinas web aseguran que estas estimacións de beneficios son moi esaxeradas, e dende YouTube aseguran que aínda que o número de reproducións dun vídeo en YouTube se poida manipular mediante distintas técnicas, a publicidade presentada no seu portal conta con máis controis de seguridade, polo que os beneficios do vídeo de Lavigne podería ser moito menores do que apuntan dende a súa discográfica, o que dificilmente chegaremos a saber por Google non divulga as cantidades que paga aos seus asociados.

PUBLICIDADE