Asus presenta un smartphone para gamers
luns, 4 de xuño do 2018
Os smartphones para gamers parecen terse convertido en
tendencia, pese a ter aÃnda unha demanda moi limitada, sendo Asus o último
fabricante en avanzar neste eido cun teléfono da familia Republic of Gamers
(ROG) que pode verse dende hoxe mesmo no Computex de Taipei (Taiwán).
The
ROG Phone é un dispositivo máis que impresionante, cun procesador exclusivo
Qualcomm Snapdragon 845 de 8 núcleos a 2,96 GHz con gráfica Adreno 630, 8 GB de
RAM LPDDR4X, 128/512 GB de almacenamento interno (UPS 2.1), pantalla AMOLED de
6 polgadas cunha resolución de 2.160 x 1.080 pÃxeles e unha velocidade de
refresco de 90 Hz (cun tempo de resposta de só 1 milisegundo) e con soporte de HDR,
cámara traseira dual (de 12 e 8 MpÃxeles), cámara frontal de 8 MpÃxeles, Wi-Fi
AD, Bluetooth 5.0, NFC, USB-C, DisplayPort 1.4, altofalantes estéreo frontais,
baterÃa de 4.000 mAh con carga rápida, un grosor de 8,6 milÃmetros e un peso de
200 gramos.
Para poder funcionar a pleno rendemento integra un sistema de disipación de
calor avanzado que incluso pode mellorarse cun sistema de refrixeración
opcional na súa parte traseira, deixando claro que estamos ante un dispositivo
pensado en funcionar a tope en longas
sesións de xogo.
AÃnda que a interface principal de control deste teléfono é a súa pantalla
multitáctil, tamén integra AirTriggers, uns botóns ultrasónicos situados nos bordes
do móbil nunha disposición semellante á dos gatillos dos gamepads, que poden
personalizarse en función do xogo que esteamos a usar.
Pero a cousa non queda aÃ, e Asus decidiu que este produto non chegará so, e
comercializará tamén un Mobile Desktop Dock, unha base que facilita a conexión
do smartphone a un monitor de até 4K, a periférios USB, a altofalantes 5.1 e
incluso a unha toma de rede Gigabit Ethernet.
Tamén será posible adquirir o TwinView Dock (un sistema que integra unha pantalla
secundaria ao smartphone, á vez que tamén inclúe unha baterÃa auxiliar de 6.000
mAh.
Para completar esta familia de accesorios teremos o WiGig Dock, unha base que a
través de Wi-Fi AD consegue transmitir sen fÃos o sinal do móbil a un televisor,
buscando asà unha experiencia de uso semellante á dunha consola doméstica.
Todos estes produtos están previstos ver a luz no terceiro
trimestre do ano a un prezo por determinar.
- Co WiGig Dock será posible replicar unha experiencia semellante á de xogar nunha consola doméstica