Asus agarda vender 5 millóns de Eee PC en 2008

mércores, 28 de novembro do 2007

A guerra entre o OPLC e o ClassmatePC parece que rematou coa entrada no xogo do Eee PC, que ten toda a pinta de ser o cabalo gañador desta carreira por situar no mercado un subnotebook, aínda que no caso deste último produto non se dirixirá a países en vías de desenvolvemento, senón que buscará ó público xeral.
Este pequeno portátil de Asustek está a vender unhas 20.000 unidades/mes, e dende o fabricante taiwanés xa estiman que en 2008 venderán uns 5 millóns destes equipos, de xeito que elevan as súas expectativas (pois hai pouco máis dun mes marcábanse coma obxectivo superar os 3 millóns de equipos).

PUBLICIDADE