Assassin’s Creed terá un novo xogo móbil este mes

luns, 1 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Tras varias incursións da franquía de Assassin’s Creed ao outro lado do Atlántico, e apostas por períodos máis próximos no tempo en Londres e París, Ubisoft decidiu volver ao período de máis éxito da saga, ao Renacemento Italiano, no xogo Assassin’s Creed Identity, título para iOS que chegará á App Store o vindeiro día 25 e que será un RPG de acción no que os xogadores deberá resolver o Misterio dos Corvos, a través de varias misións e pesquisas.
No xogo contarase con varios sistemas de control a elixir, dende xestos táctiles até mandos virtuais, pasando por un gamepad, de xeito que case calquera xogador poderá sentirse cómodo botando unha partida a este título que permitiranos elixir a catro clases distintas de Assassin que irán progresando dende cero.
Para gozar deste novo título haberá que ter, como mínimo, un iPad 3 ou un iPhone 5 con iOS 7.

Tráiler de presentación de Assassin’s Creed Identity

PUBLICIDADE