As televisión privadas queren asegurar as súas posicións na TDT móbil

venres, 14 de setembro do 2007

A Unión de Televisións Comerciais Asociadas (UTECA) reclamou ó Goberno a adxudicación directa dunha canle de televisión móbil para cada un dos operadores estatais tanto privados coma públicos, de xeito que estiman de lei que as operadoras que actualmente teñen canle de TDT (DVB-T) tamén fagan o mesmo coa televisión dixital terrestre móbil (DVB-H).
Dende UTECA estiman que a TDT móbil é un servizo televisión e non de telecomunicacións, e defenden un «modelo mixto de explotación» para o mesmo.

PUBLICIDADE