As tarifas europeas de roaming baixarán este verán

mércores, 23 de maio do 2007

A Eurocámara aprobou por ampla maioría o regulamento que imporá ós operadores de telefonía móbil unha rebaixa drástica das súas tarifas de itinerancia xeográfica ou roaming.
Conforme ó novo regulamento a nova eurotarifa será de 49 céntimos/minuto para as chamadas realizadas e a 24 céntimos/minuto para as recibidas, mentres que o prezo maiorista queda en 30 céntimos. Con esta medida os consumidores europeos verán reducidas as súas tarifas para as chamadas internacionais intracomunitarias ata o 70%.
O novo regulamento publicarase o vindeiro 29 de xuño, dándolle ás operadoras o prazo dun mes para ofrecer ós seus clientes esta eurotarifa ou outra máis vantaxosa.

PUBLICIDADE