As redes sociais agravan os trastornos alimentarios, segundo a investigadora Paula Frieiro (UVigo)
mércores, 29 de marzo do 2023
Na
súa tese de doutoramento, a
investigadora e traballadora social Paula Frieiro analizou a
influencia das redes sociais e da autoestima sobre os crecentes
trastornos da conduta alimentaria (TCA) na adolescencia e a
posíbel
resposta desde o traballo social a estas enfermidades, que están
influenciadas por múltiples factores: biolóxicos, psicolóxicos e
socioculturais.
A
tese, con mención internacional, foi dirixida desde a Facultade de
Educación e Traballo Social do Campus
de Ourense polo profesor Rubén González e realizada no marco do
Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia
(GETS-IT) da Uvigo.
Segundo
explica a xa doutora, é “transcendental o estudo da autoestima
relacionada cos TCA, por vincularse de maneira central coa
construción da propia imaxe corporal e por ser un factor mediador no
risco de condutas asociadas aos trastornos da conduta alimentaria”.
De igual forma, engade, a crecente socialización a través de redes
sociais xera situacións de comparativa social, que “caracterízanse
por ser frecuentes na adolescencia, oscilando nesta etapa entre un 6%
e un 8%”.
Na
tese identificouse que o 90% das persoas ás que se diagnostican TCA
son mulleres. Froito da investigación, indica que “conclúese
necesario impulsar a prevención relacionada co uso das redes
sociais, de forma que se fomenten habilidades como o pensamento
crítico sobre a información que se percibe a través destes medios.
Os primeiros cursos de Educación Secundaria Obrigatoria son
determinantes para a prevención-intervención dos TCA”.
Co
obxectivo de contribuír positivamente no senso da autoestima, no
marco desta tese e do proxecto Inou
Dixitou,
no que participa un equipo multidisciplinar da Facultade de Educación
e Traballo Social e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do
Campus
de Ourense, creouse unha ferramenta en formato xogo de aplicación
móbil, actualmente en fase de probas, para que a adolescencia poda
enfrontarse de forma autónoma e responsable ás situacións de risco
que potencialmente poden producirse en redes sociais.
Por
último, a tese subliña que a intervención e acompañamento social
pode conducir a “unha mellora substancial a nivel individual e
familiar dos TCA”, polo que o traballo social “pode formar e
realizar grupos de apoio, desenvolver e promover obradoiros
socioeducativos, utilizar ferramentas de resolución de conflitos e
mediación familiar, etc.”.