As ferramentas informáticas para o emprendedor centrarán un almorzo na Coruña

mércores, 20 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Este xoves entre ás 9:30 e as 10:45 oras as instalacións de WeKCo na Avda. de Novo Mesoiro (A Coruña) servirán de escenario para a segunda edición do #WeKCoDesayuno, un encontro orientado a emprendedores que nesta ocasión vai contar con Alberto Basalo, creador da plataforma de xestión documental Docuralia e fundador de Ágora Binaria, compañía de solucións tecnolóxicas para empresas.
Basalo compartirá cos asistentes a súa particular guía para poder atopar os instrumentos para poder afrontar as tarefas auxiliares ao núcleo dos proxectos emprendedores, que son inevitables, como a contabilidade, a compartición de documentos entre os membros do equipo, o manexo das redes sociais, a xestión do tempo ou a produtividade do traballo diario. Farase así un conveniente repaso práctico das plataformas, aplicacións e software que pode facilitar os traballos mencionados, axudando a superar eses atrancos.

PUBLICIDADE