As conexións de 30 Mbps de Telefónica ofrecen o 92,85% da velocidade prometida

venres, 17 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Dende ADSLzone puxeron a proba as novas conexións de 30 Mbps que Telefónica subministra a 5.000 clientes que participan nun plan piloto deste tipo de conexións baseadas instalacións de fibra óptica ata o fogar baixo a modalidade que se coñece como Trío Futura e, tras recoller 2.000 mostras entre os usuarios co servizo activo, confirman que estes accesos á rede acadan de media o 92,85% da velocidade prometida, cunha velocidade duns 27,8 Mbps de baixada e 901 Kbps de subida, o que supón unha importante mellora con respecto das conexións baseadas en par de cobre, que nas conexións de 20 Mbps normalmente non chegaban nin á metade da súa velocidade nominal.

Dende ADSLzone contrastan a eficiencia do ADSL con respecto das redes de fibra óptica

Os responsables do estudo afirman que mentres a fibra óptica permite ofrecer o 95% da velocidade prometida, as operadoras de ADSL nas súas máximas velocidades ofrecen de media o 37,3%, oscilando as conexións de 20 Mbps entre os 8,9 e os 6,1 Mbps de velocidade segundo a compañía contratada.

PUBLICIDADE