As Xornadas sobre uso seguro da Rede na infancia, trasládanse a Pontevedra

venres, 13 de novembro do 2009 Raquel Noya

O Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, coa que asinou un convenio, está a organizar as Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro da Internet na Infancia. Vixilancia e Control do Uso de Internet, que se están celebrando, con carácter gratuíto, nas principais cidades galegas durante este mes de novembro e que están dirixidas fundamentalmente a Asociacións de Nais e Pais de Alumnos dos centros escolares e/ou asociacións culturais interesadas.
O vindeiro luns 16, estes obradoiros teórico prácticos nos que se conciencia ao colectivo de pais e nais sobre os usos e riscos das TIC, terán lugar no Telecentro da Fac. CC e da Comunicación de Pontevedra (Campus A Xunqueira, s/n), onde serán impartidas, como nas anteriores ocasións, por enxeñeiros de telecomunicación expertos na materia.

PUBLICIDADE