As Pontes celebrará a súa party informática a partires do día 30

mércores, 15 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Un ano máis a Asociación Informática Amigos das Pontes organiza na súa vila un maratón informático que terá lugar entre os días 30 de xullo e 1 de agosto no Lar de Endesa, que permitirá aos afeccionados á informática gozar de 3 días de lecer compartido con outras persoas con gustos semellantes e cos que compartir coñecementos e experiencias.
A Amigus Party Verán 2009 conta coa colaboración do Concello das Pontes, o grupo de empresas de ENDESA, Mancomún, a Consellería de Innovación e Industria, Nauta, No Ping e Nodo Dixital. Os interesados en asistir poderán inscribirse ata ás 12:00 horas do día anterior á celebración do encontro, o que lles dará unha praza para instalar o seu equipo informático nun posto no que contará cunha conexión á rede eléctrica e outra á rede de datos.

PUBLICIDADE