As Pontes acolle a partir de hoxe unha nova edición da Amigus Party

xoves, 21 de agosto do 2008 Fernando Sarasketa

A partir de hoxe xoves temos dentro da nosa xeografía unha nova oportunidade de tender pontes a través da Rede mesma: por unha banda cos coñecementos que aínda que se nos escapan a estas alturas e, pola outra, con outros internautas do país e do contorno que son os que, a fin de contas, lle achegarán o miolo ás vindeiras sesións en liña que teñamos. A cita é nas Pontes, máis polo miúdo no Lar de Endesa, que é o lugar escollido para a nova edición da Amigus Party, un encontro internáutico organizado pola Asociación Informática Amigus e o Concello e cola colaboración da devandita compañía enerxética, Mancomun.org, o CESGA, a Consellería de Innovación e Openor.
O encontro, que participa das características común dunha party ao uso (con usuarios achegando os seus equipos para pasar varias xornadas convivindo con outros usuarios baixo un mesmo teito e cunha rede subministrada pola organización), desenvolverase até o 23 de agosto. Os horarios desta edición 2008 da xuntanza son os seguintes:
· Apertura das portas o xoves ás 10:00 da maña e até as 02:00 da madrugada do venres.
· O venres abrirase o encontro as 10:00 da maña e ficará accesible e operativo ata o sábado ás 20:00 da tarde.

PUBLICIDADE