Artigos desta sección
Peugeot agasallará cunha Xbox 360 ós que merquen o 106 por Internet
Nos últimos anos e grazas ós videoxogos, os amantes da velocidade poden ver cubertas as súas necesidades básicas de descarga de adrenalina sen ter que recorrer a coller o coche e arriscar as súas vidas (e as dos demais) para sentirse satisfeitos. Isto non quere dicir que os que teñan vídeo consola poidan renunciar ó coche, nin moito menos, pero se é verdade que (...)
Ler máisJu Xing H800, un móbil con moita “sona”
Que se lle pode pedir a un teléfono móbil para que sexa a última novidade do mercado actual? Con cámara de fotos xa os hai, con reprodutor de MP3 tamén, con cámara de vídeo de gran calidade tamén se atopan con facilidade, con recoñecemento de voz, acceso a Internet, calculadora, espertador, axenda, convertedor de moeda e todas aquelas funcións inútiles que nunca (...)
Ler máisSony prognostica un éxito total da PS3 en España
Se lle facemos caso ó conselleiro delegado de Sony, James Armstrong, en España vai haber Play Station 3 até na sopa: a previsión é de que se vendan no seu primeiro ano de mercado unhas 600.000 consolas, concretamente a partir do 23 de marzo, que é a data sinalada para a súa dispoñibilidade. Este prognóstico de fartura, igualmente aplicable a Francia e ó Reino (...)
Ler máisCociña en miniatura para abraiar ás amizades
Non é o que parece: non se trata de fomentar que adultos feitos e dereitos volvan á nenez e se comporten como verdadeiros pailáns á hora de recibir ás visitas no fogar, convidándoas a comer bolachas de mentira e café con leite inexistente. Non: non é unha cociña de pega, é simplemente unha cociña pequena e -como non podía ser doutro xeito nestes tempos de levalo (...)
Ler máisMúsica para quitármonos un peso de enriba
Non temos nin a máis remota idea de onde os xaponeses obteñen tanta capacidade de enxeño e de inventiva; tampouco onde agochan a súa fonte de inspiración (máis cotizada hoxe en día cá mesmísima fonte da eterna xuventude), pero o caso é que o inventor deste cagadeiro, un empregado da compañía Toto (coñecida por facer “inodoros tecnolóxicos”), debe pasar tempo abondo (...)
Ler máisUn operador de videoxogos chinés, xulgado por permitir copias pirata en liña
O meirande operador de videoxogos en liña chinés, unha filial de Shanda Online Interactive, está a ser xulgado por permitir o emprego de copias pirata de seis populares xogos na súa páxina web. En concreto, o Counter Strike, o Warcraft III, o Warcraft III: Frozen Throne, o Starcraft, o Diablo 2 e o Diablo 2: Lord of destruction foron empregados para xogar en (...)
Ler máisSun Visor Theater: DVD para o parasol do coche
Os aparellos reprodutores de DVD para o coche non son perigosos de por si. En realidade, son coma os mesmos coches: perigosos ou non dependendo do uso que se lles dea e o lugar no que se coloquen. O Sun Visor Theater é neste senso tan inofensivo coma bater cun martelo nunha granada de man. Poderíamos cualificado tamén de “caso aparte”, posto que vén (...)
Ler máisFíos de aparellos electrónicos, convertidos en deseño
A tecnoloxía, definida por un neno de poucos anos, ben podería ser algo así: cousas que hai pola casa que fan ruído, que escintilan e que teñen moitos fíos nos que teño prohibido fedellar. Dito doutro xeito, que os fíos semella que non hai quen nolos quite de en medio. Perante unha realidade tan adversa, o enxeño (e a resignación) está a dar certos froitos (...)
Ler máisEbay prohibe a venda de personaxes virtuais de xogos
Unha das principais características de EBay (e probablemente a súa gran baza) é o seu compoñente de gran casa de poxas friki como refuxio para desesperados en liña. É dicir: calquera persoa que procure hoxe en día un artigo calquera que xa non se fabrica e que xa ten gastados os cotelos de tanto chamar nas portas, pode estar dalgún xeito tranquila: anda por aí (...)
Ler máisGTX Xplorer: botas de aventura con GPS incorporado
O GPS (o Sistema Glogal de Navegación por Satélite) xa hai tempo que aparece onde menos agardamos que apareza e para as funcións máis insospeitadas. Porén, hai unha chea de obxectos de uso cotián que se afán mellor a incluír GPS ca outros. Por exemplo: a ninguén (cremos nós) se lle vai ocorrer poñer un sistema de localización por satélite nun secador do pelo. (...)
Ler máis0 | ... | 14240 | 14250 | 14260 | 14270 | 14280 | 14290 | 14300 | 14310 | 14320 | ... | 14410
