Arriva terá 2 autobuses con acceso á Internet por Wi-Fi entre A Coruña e Ferrol

luns, 11 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Imaxe do novo servizo publicada en La Voz de Galicia

A liña de autobuses entre Ferrol e A Coruña de Arriva contará con 2 autobuses exclusivos de 70 prazas dotados de conexión Wi-Fi á Internet e enmarcados nunha campaña denominada Conéctate coa que se trata de fomentar o transporte público.
Esta é a primeira experiencia de route branding implantada en España, dotando de identidade comercial propia a unha determinada liña regular e de mellorar as súas condicións habituais que nesta ocasión achega a posibilidade de dar acceso á Internet de balde durante os 45 minutos que dura o traxecto que percorren unha media de 20.000 viaxeiros ó mes.
Mar Chao, directora xeral de Transporte da Xunta de Galicia asistiu á presentación desta campaña na estación de autobuses de Ferrol, onde incidiu na necesidade de apostar polo transporte público con iniciativas autonómicas como «a mellora da información o cidadán» ou o «deseño de novas tarxetas de transporte».

PUBLICIDADE