Arquivan as actuacións contra outra páxina de ligazóns a redes P2P

luns, 8 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Continuando coa racha de sentenzas xudiciais contrarias ás entidades de xestión de dereitos de autor, o Xulgado de Instrución nº 1 de Madrid vén de arquivar as actuacións contra a páxina de ligazóns P2P Indicedonkey, ratificando que as ligazóns que publicaba na mesma non supoñen unha «comunicación pública» por non albergar os contidos denunciados, senón que simplemente sinalan onde están, coma xa aconteceu no caso da web de ligazóns Sharemula.
Indicedonkey foi unha das páxinas afectadas por unha operación policial de 2006 nas que bloqueáronse 17 páxinas de ligazóns a redes P2P das que xa arquivaron as denuncias contras os responsables dunha ducia delas, aínda que o seu percorrido xudicial continúa porque as decisións xudiciais foron recorridas.

PUBLICIDADE