Apple comeza a vender películas en alta definición a través de iTunes

venres, 20 de marzo do 2009 Marcus Fernández

De xeito un tanto inesperado Appel anunciou a apertura dunha sección na iTunes Store norteamericana na que venden películas en alta definición, calidade de vídeo que ata o momento só estaba dispoñible para o aluguer de películas e series de televisión, e que sorprende por entrar no segmento da venda a uns prezos que poden supor todo un freo para este negocio, xa que na actualidade xa é posible reservar títulos coma Quantum of Solace ou Crepúsculo por 19,99 dólares, cando a súa versión en definición estándar custaría 14,99 dólares e en soporte físico é posible reservalas nos EE.UU. a prezos de 16,99 e 17,99 dólares respectivamente en DVD (25,99 e 23,99 dólares en Blu-ray).
Eddy Cue, vicepresidente de servizos de Internet de Apple, asegura que «os clientes fixeron do contidos en alta definición en iTunes un éxito, con máis do 50% dos episodios de televisión adquiridos en HD cando están dispoñibles», pero parece difícil pensar que alguén pague por un contido en descarga máis que por un produto físico (ou cunha diferenza de prezo mínima) á vez que prescinde dos contidos adicionais dos que habitualmente contan as películas e series en caixa.

PUBLICIDADE