Anuncian os xogos que chegan ao Game Pass en febreiro
martes, 6 de febreiro do 2024
Microsoft vén de anunciar a listaxe de xogos que se incorporan ao servizo de Xbox Game Pass no mes de febreiro, entre os que destacan especialmente os xogos Resident Evil 3 (clásico de Capcom que o dÃa 13 chega con versión para consola, PC e nube) e Bloodstained: Ritual of the Night (considerado sucesor das entregas clásicas de Castlevania que o dÃa 14 chega a consola, PC e nube).
A maiores tamén temos con versións para consola e nube os xogos Anuchard (dispoñible hoxe), Train Sim World 4 (7 de febreiro), A Little to the Left (14 de febreiro), PlateUp! (15 de fereiro) e Return to Grace (20 de febreiro). Grazas a que a subscrición tamén inclúe o servizo EA Play o dÃa 8 de febreiro tamén pasa a estar dispoñible o xogo de fútbol americano Madden NFL 24 (nesta ocasión só para consola e PC).