Antena 3 lanza unha televisión de pago a través da Internet

martes, 14 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Antena 3 anunciou o lanzamento unha canle de novas que emitirá durante as 24 horas a través da Internet emitindo bloques continuos de vídeos, actualizados segundo se van incorporando as últimas novas. Destaca por contar con dúas modalidades de pago: 1,2 euros por un día de subscrición ou 6 euros por un mes.
Esta canle de televisión por IP, A3 Noticias 24, tamén achegar información en tempo real sobre finanzas, deportes e o tempo, e pretende responder a unha demanda dos usuarios que xa viñan visitando os contidos que Antena 3 publica na Rede.

PUBLICIDADE