Ana Celia Vázquez conducirá a gala do MexilOnseTuits

martes, 14 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Ana Celia Vázquez non quixo esquecer aos seus seareiros, que son os que fixeron posible o éxito de O Tempo en FacebookO vindeiro sábado farase entrega dos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais no Auditorio de Cangas no marco da terceira edición de MexilOnseTuits, e dende a organización do evento veñen de confirmar quen será a persoa que conducirá o acto, a presentadora de O Tempo da TVG Ana Celia Vázquez, quen xa estivo presente na anterior edición do Festival de Social Media de Galicia para recibir unha mención especial pola aposta do seu espazo televisivo polas redes sociais. Vázquez colle así o relevo doutros compañeiros da CRTVG, xa que nas galas anteriores pasaron polo escenario José Manuel García (do programa Come e Fala da Radio Galega) e Tomás Alonso (coñecido polo programa Larpeiros da TVG).
Os interesados en asistir á gala aínda teñen aberta a inscrición en liña, que será de balde para os que queiran acudir á entrega de premios e os relatorios que se desenvolverán o Auditorio, mentres que os que queiran xuntarse logo ao xantar networking deberán aboar 15 euros.
O programa desta nova edición de MexilOnseTuits queda como segue:
9:30 – Apertura de portas – Acreditación
10:30 – Inauguración do evento
10:40 – Relatorio de Frankie Gómez: Analytics killed the advertising star 2005
11:10 – Entrega do premio á mellor campaña social
11:20 – Entrega do premio á mellor campaña comercial
11:25 – Entrega do premio á mellor e-commerce
11:35 – Mesa redonda co xurado dos premios: MexilOnseTuits, presente e futuro da batea 2.0
12:00 – Descanso
12:30 – Entrega do premio ao mellor blog informativo
12:40 – Entrega do premio ao mellor vídeo viral
12:50 – Relatorio de Eduardo García Erquaga: Convértete en ti mesmo 3.0
13:20 – Entrega do premio ao mellor blog turístico
13:30 – Entrega do premio ao mellor blog de moda
13:40 – Entrega do premio ao mellor blog gastronómico
13:50 – Entrega do da mención especial dos Premios MexilOnseTuits
14:15 – Xantar networking
15:30 – Sesión de Branding Ioga
17:00 – Paseo en barco

PUBLICIDADE