Amosan varios xogos third party que chegarán a Xbox Series X
xoves, 7 de maio do 2020
A
ausencia de feiras de videoxogos presenciais permiten ás compañÃas dosificar os
seus anuncios de cara á nova xeración de consolas, e no caso de Microsoft tivo
lugar hoxe un Inside Xbox, retransmisión na que ofreceron unha primeira
vista a 13 xogos que estarán dispoñibles para Xbox Series X que son de estudios
alleos á compañÃa de Redmond, esperándose que as grandes franquÃas de Xbox amosen
as súas cartas a primeiros do verán.
Todos os xogos presentados hoxe gozan de optimización para Xbox Series X, ou
sexa, que poderán funcionar en 4K até a 120 imaxes por segundo, aproveitarán o
DirectStorage e o raytracing baseado en DirectX, terán tempos de carga
moi reducidos e moitas outras caracterÃsticas propias da nova xeración de
consolas. Boa parte deste xogos tamén contarán con Smart Delivery,
caracterÃstica que permite que só haxa que mercar os xogos unha vez, de xeito
que os usuarios recibirán a versión propia da consolas que teñan a cada momento,
co que buscan que os posuidores dunha Xbox One merque ese tipo de xogos para
Xbox coa esperanza de poder gozar de versións melloradas graficamente cando
dean o salto a Xbox Series X sen ter que volver pasar por caixa.
O xogo máis importante do Inside Xbox foi claramente Assassin’s Creed Valhalla
de Ubisoft, compañÃa que aproveitou a ocasión para estrear un
tráiler do xogo no que podemos ver a súa xogabilidade; aÃnda que tamén chamou
bastante a atención Yakuza:
Like a Dragon, por ser unha nova aproximación ao universo de Yakuza
que estará entre os xogos de lanzamento de Xbox Series X, que chegará
simultaneamente a Xbox One e PC.
Outros xogos que amosaron hoxe foron Bright Memory Infinite de Playism, Call
of the Sea de Raw Fury, Chorus de Deep Silver, DiRT 5 de
Codemasters, Madden NFL 21 de Electronic Arts, Scarlet Nexus de
Bandai Namco, Scorn de Ebb, Second Extinction de Systemic
Reaction, The Ascent de Neon Giant/Curve Digital, The Medium de
Bloober Team, e Vampire: The Masquerade – Bloodlines 2 de Paradox
Interactive.
VÃdeo de Inside Xbox no que amosan 13 dos primeiros xogos confirmados para a vindeira xeración de consolas