Amosan o portátil barato de Intel

luns, 2 de outubro do 2006 Marcus Fernández

O ordenador portátil 2B1 auspiciado por Nicholas Negroponte dende o MIT, que se levanta como unha solución informática dirixida ós cativos en países en vías de desenvolvemento, non quedará só no mercado, e mentres os chineses tamén anuncian ordenadores de baixo custo, Intel finalmente amosou cómo será o seu Classmate PC:

O novo equipo terá un sistema operativo Windows XP Embedded (versión reducida do Windows XP doméstico) e en vez de disco duro contará cunha memoria Flash. Comezará a distribuírse en México, Brasil, India e Nixeria a uns 400 dólares.

PUBLICIDADE