Ameazan con filtrar á Rede o novo filme de Piratas do Caribe
martes, 16 de maio do 2017
Hai unhas poucas semanas filtráronse á Rede os 10 primeiros
episodios da vindeira tempada de Orange
is the New Black despois de que Netflix rexeitase someterse á extorsión dun
grupo que supostamente roubou varias series de televisión e pelÃculas, e que
coa publicación dos capÃtulos en redes de intercambio de ficheiros estarÃan a
facer unha demostración de forza; e agora sábese que é a propia Disney a que
está a enfrontarse a unha extorsión semellante, xa que coméntase
que chegou a mans dos piratas unha
copia de Piratas do Caribe 5: A
Vinganza de Salazar, de xeito que de non recibir un rescate en bitcoin publicarÃan
a produción de balde na Internet.
Polo momento non se confirmou se realmente é o novo filme de Johnny Depp o que
ve ameazada a súa estrea por mor dunha filtración, e dende Disney aseguran que non
pagarán o rescate e están a traballar
co FBI para tomar medidas contra a ameaza de publicar o filme en fragmentos.