Amazon relanza a súa plataforma de vídeo baixo demanda

xoves, 4 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A tenda electrónica máis grande a nivel mundial, Amazon, leva tempo cun servizo de vídeo baixo demanda que se podería considerar en probas, e parece que xa chegou á súa madurez, e agora anuncian por todo o grande que a través de Amazon Video On Demand os usuarios de ordenadores PC e Mac poden ver ao instante películas e series de televisión sen cortes publicitarios contando na actualidade con milleiros de vídeos que incluso se poderán ver directamente dende os televisores Sony BRAVIA con Internet Video Link (aínda que este servizo si que continúa a estar en probas) e incluso en dispositivos compatibles co Windows Media Center extender como a consola Xbox 360 (e algún reprodutor multimedia).
Os 40.000 vídeos (películas e capítulos de series de televisión) se venden a prezos que parte dos 1,99 dólares nas series e 2,99 dólares nas películas e por desgraza este tipo de servizos contan con restricións xeográficas (non se pode acceder ao mesmo fóra dos EE.UU.).
A nova plataforma continuará a funcionar a través do software que viñan utilizando cando o servizo se coñecía coma Unbox, e polo momento non se agarda a internacionalización desta ambiciosa plataforma.

PUBLICIDADE