Allariz acollerá as I Xornadas de Participación Cidadá a través das TIC

xoves, 6 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O Concello de Allariz organiza as I Xornadas de Participación Cidadá a través das TIC que terán lugar no salón de actos do Fogar dos Maiores entre os días 20 e 22 do presente mes. Esta iniciativa contará con relatorios prácticos, experiencias demostradas e novidades tecnolóxicas que buscan converterse nun escaparate práctico de propostas e ideas de cara a crear un modelo que sirva de exemplo para concellos de poboacións rurais dispersas, así como presentar de maneira práctica ferramentas e aplicacións que permitan crear contidos para chegar de maneira rápida e sinxela en calquera comunidade.
As Xornadas son de carácter gratuíto e a súa inscrición está aberta para técnicos e responsables da administración local das áreas de Novas Tecnoloxías e/ou Participación Cidadá, persoal das comunidades educativas, responsables de asociacións e colectivos de calquera índole interesados en aplicar as TIC no seu contorno, profesionais e persoas interesas nestas áreas.

PUBLICIDADE