Alfonso Gutiérrez será o convidado da vindeira edición de Iniciador Galicia
xoves, 18 de marzo do 2010
O vindeiro 25 de marzo ás 19:00
horas terá lugar na Fundación Caixa Galicia sita na rúa Policarpo Sanz, 21 de
Vigo a vindeira
edición de Iniciador Galicia, encontro de emprendedores de base tecnolóxica
que principiará cun relatorio de Alfonso
Gutiérrez baixo o tÃtulo de Ideas,
Fracasos e Liderazgo, no que fará un repaso pola súa traxectoria
emprendedora.
Gutiérrez é o máximo responsable do grupo Visual MS, nomeada o ano pasado como unha das mellores
empresas para traballar en España. Tamén recibiu en 2005 o premio á Mellor Xestión Empresarial da AJEP e o Premio Emprendedores 2001 da Fundación
Empresa Universidad Gallega.
Tras o relatorio de Alfonso Gutiérrez, os asistentes ao evento poderán
conversar co convidado para compartir experiencias e coñecemento, no que é o
elemento chave deste tipo de encontros que contan co apoio de Caixa Galicia e o
patrocinio da luguesa BidoBido e da Escola de EnxeñarÃa Informática de Ourense.
Os interesados en acudir deberán indicalo
por correo electrónico ou a través de Facebook.