Alfons Cornellá falará este venres 27 na Coruña de marketing da innovación

xoves, 26 de outubro do 2006

A Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Dirección Xeral de I+D vanlle dar un interesante pulo ó seu Programa de Dirección da Innovación, que veñen desenvolvendo dende a semana pasada.
Este punto álxido da iniciativa virá da man do especialista en redes Alfons Cornellá, que acudirá este venres 27 á Coruña para impartir un curso sobre marketing da innovación. Cornellá, que foi director durante sete anos do Centro Empresarial ESADE e fundou Infonomía no ano 2000, falará no Hotel Barcelo Premium da devandita cidade a partir das 16.30 horas.
Cómpre lembrar que Cornellá, considerado a nivel español unha das persoas máis influíntes no que se refire á teoría e a práctica do espallamento dos servizos de Internet a nivel empresarial, é moi ben coñecido polos internautas polo seu labor á fronte de Infonomía, espazo orientado a compartir coñecemento sobre o mundo dixital e a innovación no eido das empresas españolas.

PUBLICIDADE