Alcatel-Lucent proverá equipos para a primeira rede WiMAX comercial en Alemaña

luns, 27 de agosto do 2007

VSE NET (filial de Artelis) elixiu á empresa franco-americana Alcatel-Lucent para prover de equipamento á primeira redes WiMAX comercial de Alemaña, que se espallará pola rexión de Saar (xunto a fronteira con Francia).
Inquam Broadband será a marca que lanzará esta rede WiMAX que podería comezar a operar en xaneiro de 2008, e permitirá establecer comunicacións de banda larga e voz sen precisar dunha infraestrutura de cable, o que resulta moi axeitado para o rural e zonas con poboación dispersa.

PUBLICIDADE