Agile-Galicia organiza unha xornada de desenvolvemento áxil dun proxecto web
mércores, 11 de maio do 2011
O
vindeiro sábado a sede compostelá da Asociación de Empresas Adicadas a
Internet, EGANET, sita na rúa Pombal, 43 baixo, vai acoller de 10:00 a 20:00
horas o evento Agile Aplicado, iniciativa que xurde de Agile-Galicia,
comunidade galega de profesionais da informática interesados en metodoloxÃas
áxiles, e nesta ocasión propóñense a desenvolver un proxecto web en 7 horas
aplicando metodoloxÃas áxiles, boas prácticas e compartindo experiencias.
Para poder participar neste evento será preciso ter coñecementos de Java e
experiencia en probas de unidade e desenvolvemento para web, inscribirse vÃa web (a
actividade está limitada a 15 prazas), e levar un portátil con Eclipse instalado.