Agader apoiará a extensión da banda larga no rural galego

martes, 13 de xullo do 2010 Redacción

O Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, ao mando de quen se atopa o director xeral Antonio Crespo, celebrou recentemente a súa reunión oficial, na que, entre outras cousas, abordáronse diferentes cuestións relacionadas co funcionamento ordinario da axencia e, de maneira especial, coa cobertura do servizo de Internet no rural, algo necesario para rachar definitivamente a fenda dixital existente neste eido.
Nesta xuntanza, que presidiu o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, analizáronse as medidas de apoio, por parte de Agader, á extensión da Rede de Redes por todo o rural, no marco do Plan Director de Banda Larga 2010-2013, aprobado en febreiro pasado polo Goberno galego.

PUBLICIDADE