Ábrese a preinscrición á 11ª edición de Xuventude Galicia Net

luns, 1 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza un ano máis o encontro Xuventude Galicia Net, chegando así á súa 11ª edición, te terá lugar entre os días 26 e 28 de marzo, retomando coma sede o Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
O prazo de preinscrición para o evento xa está aberto na súa páxina web, e unha vez comezado o proceso de inscrición oficial, os asistentes interesados recibirán información sobre o pagamento das taxas para poder participar no evento (40 euros, susceptibles dunha rebaixa do 25% para usuarios do Carné Xove) que combinará xogos en rede (con torneos), intercambios de experiencias, obradoiros (que este ano tamén estarán abertos a persoas que non estean inscritas nesta LAN Party), concursos… funcionando coma un encontro no que o contacto humano é chave para afondar no mundo da informática, as TIC e o software libre, a fotografía e o vídeo dixital e outras actividades.

PUBLICIDADE