Ábrese a inscrición para a segunda edición da Ludus Party

xoves, 8 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O Recinto Feiral de Lugo acollería dende o 30 de novembro ó 2 de decembro unha nova edición da Ludus Party, que esta semana abriu o seu prazo de inscrición, de xeito que os interesados en asistir ó evento tecnolóxico lugués deberán rexistrarse na web do encontro, tralo que poderán acceder ás opcións de inscrición. A continuación recibirán un correo electrónico coas instrucións para completar o proceso, coma o pagamento dos 20 euros a través dalgunha das contas bancarias indicadas.
Ludus Party é unha iniciativa da Concellería de Servizos Xerais de Lugo, que pretende axudar a reducir a fenda dixital, que é un dos obxectivos do Concello, que se abre ó mundo por segunda vez a través desta festa dixital.

PUBLICIDADE