Ábrese a inscrición á Kutruparty 7
mércores, 21 de outubro do 2009
- Imaxe da pasada edición da Kutruparty
Esta semana abriuse
a inscrición para a sétima edición do encontro informático Kutruparty
que terá lugar entre os días 4 e 8 de decembro no recinto feiral da Fundación
de Exposicións e Congresos de A Estrada.
Os interesados en asistir a este evento organizado pola Asociación de Usuarios
de Software Libre de A Estrada (AUSLAE) deberán reservar
a súa praza, e o prezo da inscrición en liña é de 25 euros
(recibindo os 35 primeiros usuarios unha camiseta exclusiva de regalo), mentres
que os que agarden á propia party
deberán pagar 35 euros.