AGESTIC estima que o canon dixital suporía para Galicia un incremento de prezos de 6 millóns de euros

mércores, 19 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O presidente da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (AGESTIC), José Mª López Bourio, dirixiu un escrito ós 350 deputados que para que mañá voten en favor da retirada do canon dixital, pois considera que o novo marco da compensación por copia privada tería unha repercusión negativa en Galicia que suporía un incremento de prezos para os consumidores en reprodutores de MP3, móbiles, memorias USB e outros dispositivos en máis de 6 millóns de euros.
AGESTIC considera que a taxe supón un exceso lexislativo pois iría a parar directamente ás arcas de sociedades privadas que non representan a tódolos autores e obriga ós fabricantes e distribuidores a actuar coma recadadores de terceiros e a subir os prezos dos seus produtos.

PUBLICIDADE