AGASOL inaugura en Santiago unha xira para informar das vantaxes do software libre

mércores, 3 de novembro do 2010 Fernando Sarasketa

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre celebra este xoves 4 de novembro unha xornada formativa e informativa sobre as vantaxes da programación aberta para o desenvolvemento da nosa terra na Sociedade do Coñecemento, grazas ao software libre máis accesible dende o punto de vista económico e dende o dos dereitos de propiedade. A sesión, que ten o apoio da Secretaría Xeral de Modernización e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial, celebrarase no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) con horario de 10 a 14 horas. O encontro, que xa ten confirmada a presenza de máis de 40 empresas galegas do ámbito tecnolóxico-dixital, desenvolverase baixo un epígrafe que fala por si só das posibilidades da programación aberta nun contexto coma o actual: Software libre contra a crise.
Segundo fai saber AGASOL, organizadora deste evento, a xornada é a primeira dun ciclo que chegará a outras cinco cidades galegas: Lugo, A Coruña, Vigo, Ourense e Ferrol.
O obxectivo fundamental desta xira é achegar os produtos e casos de éxito de emprego de software libre ás pequenas e medianas empresas galegas, contribuíndo á mellora da produtividade e ao aforro de custos a través da utilización da tecnoloxía; ademais, os asistentes acadarán unha comprensión básica das vantaxes da programación aberta a nivel empresarial, e poderán coñecer varias aplicacións especificas útiles para optimizar a súa xestión, experiencias de éxito doutras empresas similares e un grupo de posibles partners e/ou asesores tecnolóxicos cos que colaborar na implantación das solucións.
Datas previstas da xira de divulgación da programación aberta:
· SANTIAGO 04/11/2010 9:45-14:00 (inscrición online)
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
· LUGO 09/11/2010 10:00-14:00 (inscrición online)
Confederación de Empresarios de Lugo
· A CORUÑA 11/11/2010 10:00-14:00 (inscrición online)
Confederación de Empresarios de A Coruña
· VIGO 16/11/2010 10:00-14:00 (inscrición online)
Confederación de Empresarios de Pontevedra
· OURENSE 18/11/2010 16:00-20:00 (inscrición online)
Confederación de Empresarios de Ourense. Asociación de Empresarios Polígono San
Cibrao
· FERROL 25/11/2010 10:00-14:00 (inscrición online)
Centro de Innovación e Servizos de Galicia
Programa das Xornadas (Ourense pola tarde)
• 10:00 -10:15 Presentación institucional da xornada
• 10:15 -11:00 Software libre: Solucións exitosas para a PEME.
Relator: Roberto Brenlla (TEGNIX)
• 11:00 -11:45 Mellora da xestión empresarial. O caso de éxito de OpenERP.
Relator: Santiago Argüeso (Pexego)
• 11:45 -12:00 Pausa café.
• 12:00 -12:45 Administración de sistemas. Aibox.
Relator: Alejandro Escobar (Aitire)
• 12:45 –13:30 Creación de portais corporativos con software libre. Joomla e Typo3.
Relator: Gumersindo Veloso (Redegal)
• 13:30 -14:00 Coloquio e Peche xornada.

PUBLICIDADE