AGASOL estudará a migración ao software libre dos escritorios informáticos dos empregados da Xunta

martes, 26 de febreiro do 2013 Redacción

Durante os vindeiros meses a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) desenvolverá un estudo para identificar o impacto económico do cambio a ferramentas ofimáticas de fontes abertas nos postos de usuario, así como analizar as necesidades tecnolóxicas, organizativas e formativas que require esta medida nos ordenadores da Administración galega; análise que elaborarase a través dun convenio que esta mañá asinouse entre Mar Pereira, directora da AMTEGA, e Alejandro Escobar, presidente de AGASOL. Agárdase ter os resultados do estudo a finais de ano, determinándose a dimensión e os prazos do plan de migración que se elaborará en base ao estudo.
O estudo é un dos compromisos da Xunta contidos no seu Plan de Software Libre, seguindo unha estratexia que cada algo elabórase en colaboración con axentes do sector, o que permitiu duplicar a porcentaxe de ordenadores da Administración autonómica con ferramentas de software libre nos últimos 3 anos, de xeito que actualmente o 94% dos equipos empregan algún tipo de software libre.

Tres liñas de actuación


O acordo asinado establece tamén 3 liñas de actuación dirixidas á difusión do software libre na sociedade, a súa utilización nas microempresas e a mellora dos recursos de teleformación na Administración autonómica.
Así, AGASOL creará un conxunto de solucións tecnolóxicas de software libre destinadas a cubrir as necesidades de xestión de microempresas e autónomos, que se presentarán no CDTIC, onde instalaranse para seren probadas.
En base ao estudo das plataformas de teleformación existentes no mercado formularase a elección do tipo de plataforma máis axeitada para a prestación dos diferentes servizos de formación en liña que ofrece a Administración autonómica. Tamén recolleranse recomendacións de solucións de aprendizaxe virtual a implementar.
A terceira acción recollida no acordo asinado hoxe establece a colaboración de AGASOL coa Oficina de Software Libre da Xunta para reforzar o labor de asesoramento que realiza este departamento tanto dentro da Administración como de cara á socieade.

PUBLICIDADE