A versión mini do Commodore 64 sairá á venda o 29 de marzo
mércores, 31 de xaneiro do 2018
A finais de setembro sorprendeu o anuncio de
que a primeiros de 2018 teriamos no mercado THEC64
Mini, unha versión
en miniatura do clásico Commodore 64 que incluirÃa un joystick clásico e 64
xogos con licenza por un prezo de 79,99 euros, e finalmente Koch Media confirmou
que vai achegar o produto ás nosas tendas o vindeiro 29 de marzo, facilitando
asà que moitos nostálxicos dos videoxogos da década dos 80 poidan lembrar eses
tempos e recuperar grandes xogos conectando un pequeno trebello a un televisor
moderno (a través dun porto HDMI).
O Commodore 64 foi un ordenador lanzado ao mercado en 1982, estando considerado
o de maior éxito na década dos 80 a nivel mundial, principalmente pola súa boa
acollida nos EE.UU. (mentres que en paÃses como España e Reino Unido o equipo
que trunfaba era o Spectrum), pero en calquera caso cómpre recoñecer que nunha
escala global é a plataforma máis icónica, só superada por Atari.
Entre os xogos que integra o THEC64 Mini figuran California Games, Speedball
2: Brutal Deluxe, Paradroid, Impossible Mission, Uchi-Mata, Ranarama, Uridium, Herobotix e moitos outros que conforman unha colección que non
terÃa nada que envexar á das consolas mini
de Nintendo que saÃron á venda nos últimos anos e que convertéronse en todo un
fenómeno de vendas, polo que parece que o éxito comercial deste novo produto retro
está asegurado, cando menos nos EE.UU.
Tráiler no que a anuncian a data de lanzamento do THEC64 Mini
- THEC64 Mini inclúe unha completÃsima colección de xogos