A televisión de pago caeu en España no segundo trimestre do ano

martes, 13 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A CMT presenta uns datos nos que vemos unha importante caída dos abonados á televisión de pago

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións publicou un informe no que presentan a evolución do sector no segundo trimestre do ano, presentando un panorama de crise para a televisión de pago, que perdería preto de 100.000 abonados, o que acusaron especialmente ONO e Digital+.
Esta situación resulta especialmente preocupante se temos en conta que falamos de datos anteriores ao lanzamento comercial da TDT de pago, polo que os resultados de Digital+ poderían ir a peor nos vindeiros meses, ao ter problemas para contrarrestar o efecto de novidade que supón Gol Televisión e as distintas ofertas coas que chega ao mercado (chegando incluso a ofrecerse de balde para os clientes de certos paquetes de Imagenio).

PUBLICIDADE