A serie en galego Auga Seca chega a HBO
mércores, 1 de abril do 2020
Dende hoxe HBO ten no seu catálogo español e portugués a
serie de ficción de 6 capÃtulos Auga Seca, producida
por Portocabo e SPi para a TVG e a RTP, converténdose na primeira serie que
pode verse en galego na HBO, sendo tamén posible reproducir a serie tamén
dobrada ao español e con subtÃtulos en español e inglés.
Auga
Seca é un thriller que xira ao redor do tráfico de armas e
destacou por gravarse orixinalmente en galego e portugués entre Vigo e Lisboa.
- Auga Seca pode verse a través de HBO España e HBO Portugal
Está dirixida por Toño López, e entre os seus protagonistas conta con actores
galegos moi recoñecidos como Monti Castiñeiras e Sergio Pazos, asà como coa
actriz portuguesa Victoria Guerra.
Estamos ante a segunda serie en galego en dar o salto a plataformas dixitais, sendo
a primeira O Sabor das Margaridas, que hai un ano estreouse en
Netflix con
grande éxito internacional.