A rede WiMAX de Santiago estará totalmente operativa en breve
luns, 26 de xaneiro do 2009
- Mapa orientativo da cobertura que terá a rede WiMAX compostelá
Xa vai quedando menos para que en Santiago comece a estar operativa a rede WiMAX que vén de promover o Concello para a zona vella da cidade. Segundo informa estes dÃas La Voz, o Goberno local -a través do seu departamento de Rehabilitación e Cidade Histórica- levará a cabo os dÃas vindeiros unha iniciativa de divulgación sobre as vantaxes da rede, os puntos de conexión e os xeitos que van ter os cidadáns de acceder a ela. Neste senso, a web de Raxoi ofrece dende hai semanas un mapa de cobertura onde se indican as zonas que recibirán servizo. A maiores, os responsables da infraestrutura (o Concello e a empresa adxudicataria do proxecto e encargada da xestión, Colabora Enxeñeiros) aproveitaron os dÃas pasados para avaliar os accesos e localizar posibles eivas de equipamento. Malia todo, xa hai recursos operativos: os que achega unha das redes sen fÃos que se van ofertar como engadido no casco vello. Esta infraestrutura, en funcionamento arestora nas prazas de PraterÃas, Quintana, Toural, Fonseca, Obradoiro, Cervantes, Porta do Camiño, Mazarelos, praza dá Universidade e Praza de Abastos, baséase na tecnoloxÃa Wi-Fi (sen fÃos). A rede, que tamén se estendeu a xeito de proba ao Parque de BelvÃs (co gallo de avaliar o nivel de servizo que pode achegar nun espazo de lecer aberto), fica neste intre e por estar en perÃodo de probas aberta ao libre uso dos cidadáns: máis tarde, deberá ser de pago.
Con todo e pese a ser de balde mentres non se lle dan os últimos axustes, non será cen por cen de balde (a lei o permite) e os seus usuarios só poderán acceder á Internet cunhas restricións sobre o seu uso e sobre o tempo en que poderán tirarlle partido.
O obxectivo da ConcellerÃa de Rehabilitación e Cidade Histórica de Santiago non é outro que facer uso das vantaxes do equipamento (pulo á Sociedade da Información, achegamento da mesma á cidadanÃa) para poñer en valor o casco vello e adaptalo aos tempos que corren sen que perda a súa identidade. Segundo informa o Concello na súa web, o orzamento desta actividade é de 550.000 euros, encamiñados aos estudos previos e ao despregamento das infraestruturas.
A tecnoloxÃa pola que se opta, o WiMAX, apóiase no caso concreto de Compostela na instalación de tres piares: tres antenas en lugares estratéxicos que cubrirán a práctica totalidade da cidade vella. Esta rede, como dixemos, compleméntase con recursos Wi-Fi (sustentando á súa vez sobre 11 piares) que son os que están arestora achegando servizo libre (polo de agora) aos cidadáns. A intención do Concello de Santiago non é só levar a Internet á zona monumental (área onde precisamente as empresas privadas non subministran acceso de banda larga), senón tamén aos espazos rurais.