A plataforma galega Libra incorpora unha nova función para visualizar almacéns en 3D

luns, 19 de novembro do 2012 Fernando Sarasketa

A empresa galega Edisa, con sedes principais e Vigo e Ourense, incorporou unha nova funcionalidade ao seu software de xestión Libra, baseada en recursos informáticos de animación en 3D e dirixida a permitir que as empresas teñan almacéns para poder visualizar de maneira gráfica a situación do seu stock. A nova ferramenta desenvolvida por Edisa para Libra componse, por unha banda, dun módulo de configuración para a creación do mapa de almacén, definindo de xeito visual o emprazamento dos andeis, alturas dos mesmos e situación exacta.
Este módulo posibilita asociar o mapa creado aos emprazamentos existentes en Libra e fixar filtros e condicións de representación para visualizar mediante códigos de cores os puntos que cumpran certos criterios (produtos, niveis de rotación, familias, estados de mercancía, etc). Por outra banda a funcionalidade tamén pon en xogo un módulo de visualización que posibilita o acceso ao almacén en 3D, facilitando a rotación da vista, o desprazamento, o zoom sobre unha determinada zona, a ocultación de outra, etc. “Ao facer clic sobre un emprazamento preséntase o contido real do dito emprazamento”, sinala Edisa.

PUBLICIDADE