A persoa á que acusan de filtrar X-Men Origins: Wolverine á Rede asegura que mercou a película na rúa

mércores, 23 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Na copia da película os efectos especiais son só provisorios e incluso están sen borrar os cables que suxeitan aos actores nas escenas de acciónA película X-Men Orígenes: Wolverine foi actualidade este ano por filtrarse unha copia de traballo da mesma antes da súa estrea, o que podería ter sido moi grave, afastando ao público da obra na pantalla grande, pero aínda que iso non foi así, as autoridades norteamericanas actuaron desproporcionadamente na toma de medidas para evitar a distribución de tal copia, o que levou tamén a que o FBI acusara a un home de 47 anos chamado Gilberto Sánchez por ser o primeiro en compartila a través da Internet, o que sería moi grave se non fose porque segundo o encausado «é ridículo. Merqueilla a un coreano na rúa por 5 pavos. Entón subina. Non saquei cartos», vaia, que parece bastante pouco probable que a primeira copia dunha película fose a que subiu á Rede Sánchez (pois o normal é que a persoa que vendeulle a película a acadase a través dunha canle de distribución dependente da Internet).
Con este caso parece claro que a protección dos contidos dixitais é cada vez máis difícil, á que tamén debería quedar claro que Sánchez non é o culpable da distribución a través da Rede da copia sen rematar da película protagonizada por Hugh Jackman, o que non impediu que sexa ridiculamente a única persoa encausada por esta filtración á Rede, aínda que non sorprende moito se temos en conta o mal que levou este asunto o FBI, cunhas medidas esaxeradas e pouco efectivas para frear a circulación das copias do workprint da película de Lobezno.

PUBLICIDADE