A nova Lei do Audiovisual entra en vigor o 1 de maio

venres, 30 de abril do 2010 Marcus Fernández

O pasado 18 de marzo o Congreso dos Deputados aprobou a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que entra en vigor este 1 de maio, e que suporá a creación do Consello Estatal de Medios Audiovisuais (CEMA) e da Axencia Estatal de Radiocomunicacións (que entre outras cousas perseguirá as radios piratas).
De cara aos cidadáns, notarase especialmente pola regulación de certas prácticas nas emisións televisivas como a prohibición da emisión de pornografía en aberto, limitacións na publicidade de alcohol, a reciprocidade nas emisións de canles autonómicas en comunidades lindeiras, a eliminación dos teletimos en horario infantil e a limitación da publicidade a un máximo de 20 minutos por hora (dos que 12 poderán ser anuncios convencionais, 5 de autopromoción e 3 de telepromoción).
Amais, a Lei tamén destaca que as canles privadas en aberto xa non terán que subministrar de balde o seu sinal a plataformas de cable e satélite (agás no caso da públicas).

PUBLICIDADE