A galega R amplía a súa cobertura a 21 novas localidades

luns, 25 de agosto do 2008

A firma galega de comunicacións por fibra óptica, R, vén de ampliar o seu plan de despregamento en Galicia coa dotación de cobertura a 21 novas localidades da comunidade ao longo do 2008.
Deste xeito, a empresa acada xa un investimento acumulado de 655 millóns de euros cos que logrou cubrir un total de 61 concellos con servizos de Internet de alta velocidade, telefonía fixa, televisión dixital multicanle e móbil.
Asemade, R está a traballar agora nunha nova ampliación da cobertura a 13 localidades máis e chegar así a cubrir o 60 por cento da poboación galega nos vindeiros meses.

PUBLICIDADE